O 30 de novembro é a data límite para o envío de propostas de comunicación. O espazo lusófono de comunicación comparte a preocupación polo complexo equilibrio entre o mantemento da identidade sustentada na cultura e a necesaria integración nun espazo comunicativo global. Dende esta perspectiva a utilización da comunicación como ferramenta básica na construción identitaria ven sendo unha realidade nos distintos territorios lusófonos. Neste contexto a potenciación da “Marca Territorio” supón unha oportunidade de grande interese. Unha “Marca-Territorio” que debe ir máis aló do concepto “Marca país” - que se está difundindo dende unha perspectiva puramente marketiniana – e debe evitar a súa delimitación baseada en fronteiras xeográficas ou políticas. O Lusocom 2014 serve como foro de debate para coñecer a realidade e a evolución desas “Marca-Territorio” concibidas dende moitas perspectivas e que, como calquera marca, se compón dunha misión, visión e valores concretos que poden ser xestionados dende a comunicación, sendo incluso posible medir o peso de cada un dos elementos que configuran esas “marcas”: identidade, cultura, medios, historia, lingua, comunicación… Envío de propostas / Submissão de propostas de comunicação Poderán ser remitidas propostas de comunicación para calquera dos grupos de traballo (GTs):
As propostas de comunicación deben respectar as seguintes orientacións:
- Tipo
de letra Times New Roman tamaño 12.
Datas importantes
Tódalas propostas de
comunicación deben ser enviadas á Secretaría do Congreso a través do e-mail: lusocom@uvigo.es
Lugar: FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS E DA COMUNICACIÓN |